Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes haberá un contacontos na casa da Cultura para o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato dos IES de Burela. A actividade enmárcase na programación para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, colabora co Centro de Información ás Mulleres de Burela para conmemorar os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando unha actividade dirixida ao alumnado de cuarto de educación secundaria e primeiro de bacharelato dos dous IES do municipio. Así este martes, 21 de novembro, ás 11:30 horas haberá un contacontos na Casa da Cultura. O título é Contamos todas, da compañía A Tropa de Trapo.

Exit mobile version