O titular da información, en letra destacada, dí : “Lugo presume de imprenta Gutenberg”, e remata: “Cando se consiga poñer en marcha o atefacto, a bó seguro Lugo e a súa artesanía seguirán na vangarda”.Obxetivo logrado en Foz hai pretiño de 50 anos.
A nova que precede servíu de acicate á nosa depauperada memoria, lembrando que hai ese tempo se presentara aquí, obra dun focego, a que foi a primeira réplica en madeira da Gutenberg, realizada en Galicia. Era o ano 1970; o que suscribe fora nomeado presidente da Comisión de Festas. No desexo de introducir no programa un número cultural, e ó tempo popular, pensou na que podería ser unha magna feira de artesanía, con unha importante novidade: os artesáns traballando á vista do público, modalidade da que seríamos pioneiros.O certame feiral, por suxerencia de Díaz Pardo, chamouse “Feira de Arte Popular Galego”; o seu fillo Xosé diseñou o cartel anunciador; Sargadelos, que apenas levaba dous anos cos seus productos no mercado, montou un chamativo stand, así como a Ciudad de los Muchachos (Benposta) unha macro-instalación, con preto de medio cento de artesáns; unha espléndida mostra da rede galega de Teleclubs.
O pintor lugués Luis G. Pacios, que naquela cidade impartía crases a un nutrido grupo de alumnos, fixo con eles unha moi atractiva mostra e un feixe de artistas individuais completaban a que foi a feira artesana de entidade nunca coñecida polos nosos pagos. De todo o contido da mesma o mais sorprendente fora aquela Gutenberg de madeira que, con tipos tallados no mesmo material imprimía á vista do público. O artífice desta obra sorprendente fora Xosé Díaz Fernández, a quen todos en Foz coñecíamos por “Pepe de Burón”, cuxas dotes artísticas eran tamén amplamente recoñecidas.
O artista focego, na soedade do seu fogar, e cos mais rudimentarios medios, adiantouse medio século á iniciativa do Centro de Artesanía da Diputación de Lugo, na confección en madeira e o funcionamento do invento que revolucinou a humanidade.