Site icon Crónica3.com A Mariña

II Semana Europea da Formacion Profesional

Foz 20-11-17. Esta semana celebrase a “II Semana Europea da Formación Profesional”, con actos en máis de mil centros de toda Europatanto a nivel local como nacional. Dende o IES de Foz, e debido a sua participacion no programa Erasmus, queremos contribuír a esta celebración co seguinte programa:

Luns 20 novembro: O menú escolar consistirá nun menú italiano, ofrecido polo profesor Suso Liste e elaborado polos alumnos de 2º de Ciclo Medio de Cociña. Este menú é o seguinte: “Fave e Ciorielle, pollo nel brodo e panna cotta”. Os 180 alumnos que comen os luns no comedor escolar darán conta destas elaboracións.

Mercores 22 de novembro: Menu degustación de gastronomía italiana e francesa, con viños das rexións coas que traballamos no programa Erasmus, e cocteis servidos polos alumnos de 1º Servizos. Elaborado polos alumnos de 2º Direccion de Cociña e servido polos alumnos de 2º Servizos de Restauración. Hai vinte prazas no comedor á carta que foron rápidamente cubertas.

Xoves 23 de novembro: Menú escolar francés a base de “Quiche Lorraine, troita á grenoblesa e crepes” , elaborado polos alumnos de 1º de Cociña e Gastronomia e servido polos alumnos de 1º de Servizos.

Máis información: httpp//: ec.europa.eu/vocational-skills-week

Exit mobile version