“Non foi un encontro nada doado. Fomos a unha guerra e o equipo demostrou a súa identidade, por iso estou máis contento” explicaba o Mariskal, dunha cita na que non todo isto de cara para o Pescados Rubén Burela FS, con escasa vantaxe, de 1-2, ao descanso: “Con 0-2 houbo momentos nos que estivemos incómodos, con boa presión do rival, de feito chegou o 1-2. Nos primeiros minutos do segundo tampouco acabábamos de estar cómodos, pero nunha transición conseguimos poñernos co 1-3. Iso deunos máis tranquilidade e puidemos ir sacando o partido adiante xestionando o tempo”.
Dous en Vista Alegre
Vista Alegre espera agora dous compromisos consecutivos, con Tenerife Iberia Toscal este sábado (18.30 horas) e Software DELSOL Mengíbar, o día 9. “Temos que volver ser fortes na casa. Somos conscientes do que nos levou a perder esa solidez en Vista Alegre nos últimos encontros e temos que seguir a filosofía de Manzanares”. Juanma Marrube non se confía ante os insulares: “Espero un rival moi motivado despois de sacar 1 punto nunha pista muy difícil, a do Bisontes Castellón, e con cambio recente de adestrador” incidía Juanma na complexidade da cita ante un rival da zona baixa que virá a por todas á Mariña para saír da zona baixa.
Regreso de Colacha
“Colacha é un xogador moi serio e disciplinado, con calidade táctica. A súa convocatoria con España Sub-19 foi unha motivación extra. No partido entrou sen dificultades, coma se adestrase co equipo durante toda a semana. Estou moi contento tanto con el coma co resto dos xogadores” confesaba así Juanma a súa satisfacción co traballo do grupo.