Site icon Crónica3.com A Mariña

Mellora e reposición de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de auga no tramo comprendido entre o nº 70 e nº 96 da rúa Rúa Grande de Celeiro

Viveiro 15-11-17. O Concello de Viveiro rematou a execución da actuación denominada “Mellora e reposición de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de auga no tramo comprendido entre o nº 70 e nº 96 da rúa Rúa Grande de Celeiro, Viveiro (Lugo)” executada pola empresa Construcciones Cazás, S.L., por un importe de adxudicación de 94.860,00€.

Esta actuación está subvencionada co Fondo de Compensación Ambiental 2017, co importe que lle corresponde a este concello por atoparse dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico.

O proxecto levado a cabo contempla a actuación de reposición de servizos urbanos e mellora do referido vial no tramo comprendido entre o nº 70 e nº 96.

Deuse continuidade a actuacións anteriores realizadas no tramo deste vial próximo ao barrio mariñeiro do Celeiriño, quedando pendente para actuacións sucesivas o tramo comprendido dende o nº 96 ata a igrexa parroquial.

Con esta actuación, os servizos da rede de abastecemento de auga, saneamento e alumeado público realizados hai máis de 25 anos e que resultaban insuficientes para garantir o bo funcionamento dos servizos urbanos, adaptáronse para cumprir na maior medida posible ao aforro enerxético, á mellora ambiental e a dotar de rede separativa de augas pluviais e fecais que en parte da súa traxectoria eran insuficientes ou non existían.

Coa execución deste proxecto cumpríronse os seguintes obxectivos:

•Eliminar o pavimento de formigón e substituílo por pavimento de losetas de granito.
•Restituír totalmente a rede de saneamento e de abastecemento de auga.
•Dispoñer dunha rede separativa de recollida de pluviais, mellorando a ubicación dos sumidoiros, conectados actualmente á rede de saneamento, dotación de boca de rego.
•Canalizar o cableado da instalación do alumeado público, dos servizos de subministro eléctrico ás edificacións e de telefonía que a día de hoxe discorren grapados polas fachadas.

Exit mobile version