
A vindeira fin de semana, o sábado 18 de novembro, a delegación de cultura do concello de O Valadouro vai celebrar, xa inmersos nunha climatoloxía outonal o xa tradicional mercado de outono. Ainda quedan prazas para que se anoten postos e poden facelo en horario de mañá no 982571516. Desde as 10 da mañá, pola rúa Andrés López Palmeiro contaremos con de artesania e produtos de tempada. A media mañá no posto do concello, contarase cunha degustación de caldo de castañas e ó remate da mañá sortearase entre todos os asistentes un lote de produtos. A nota musical aportaraa a s.c.r. ledicia de Burela dentro do programa musiqueando da Deputación de Lugo. A xornada rematará coa celebración do tradicional magosto no pavillon polideportivo municipal a partir das 21:00h. As notas musicais serán co dúo Eclipse.