Foz 29-11-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Fai uns anos, as antigas casas dos mestres do colexio de Nois, foron recuperadas polos alumnos/as dunha Escola taller coa que contou o noso concello. O cambio foi moi significativo mellorando moito a imaxe destas e valendo para dar moitos usos, sen embargo os anos foron pasando e non se lles deu ningunha utilidade, estando estas infrautilizadas e ó mesmo tempo sufrindo novamente un deterioro que non debemos seguir permitindo. Nos últimos días tivemos unha reunión coa Asociación de Veciños e Montes desta parroquia, propoñéndonos que deberíamos darlle unha utilidade a estas vivendas. A proposta que os veciños e veciñas de Nois é facer un albergue de cara a ser utilizado no verán para así non mezclar coa época escolar o que podería producir algunha incompatibilidade.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz, a facer as xestións necesarias diante de distintos organismos públicos, para crear un albergue nas antigas casas dos mestres do colexio de Nois, destinado principalmente ó verán para que non se produza ningunha incompatibilidade co curso escolar.