Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo di non á violencia de xénero

24112017presentación MLC(7)Venres, 24.11.2017. 12:00 horas. Presentación oficial da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero ante os medios de comunicación e a poboación xeral.
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo.

¿Que é a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero?
Unha mesa local é un instrumento operativo onde están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.

¿Quen compón a MLC?
No caso do Concello de Mondoñedo, a MLC compóñena, baixo a presidencia da alcaldesa, dona Elena Candia López, a concelleira de Muller, dona Ángeles Rodríguez Rico, membros do Centro de Información ás Mulleres e de Servizos Sociais, representantes dos centros educativos do Concello, da Policía Local, da Garda Civil, do Centro de Saúde e do colectivo de avogados.

Son membros da MLC:
Presidencia:
– A alcaldesa-presidenta do Concello de Mondoñedo, dona María Elena Candia López, que a presidirá.

Vogalías:
– Concelleira de Muller, Benestar e Facenda, dona María Ángeles Rodríguez Rico.
– Centro de Información ás Mulleres (CIM), representado por dona María Carmen Rey Castro (titular) e dona Sonia María Fraga Otero (suplente).
– Servicios Sociais de atención primaria, representados por dona Montserrat López González (titular) e dona Sonia María Fraga Otero (suplente).
– Educadora Familiar, dona María Carmen Bermúdez Palacios.
– Policía Local, representada por don David Cornide Braña.
– Garda Civil, representada por sarxento Agustín Pérez Pérez.
– IES San Rosendo, representado por don Gerardo Novo Rodríguez.
– CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, representado por dona María Teresa Freire Sánchez.
– Escola Infantil A Galiña Azul, representada por dona Mónica Alonso Basanta Basanta.
– Centro de Saúde, representado por dona Aida María Basanta.
– Colexio de Avogados, partido xudicial de Mondoñedo, representado por don Adrián González-Seco Fernández.

Secretaría:
– Dona Fátima Rodríguez Moreda, asesora xurídica do CIM de Mondoñedo.

¿Cales son os obxectivos e funcións da MLC?
– Obxectivos:
1. Mellorar a detección precoz de casos de violencia de xénero
2. Optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero.
3. Ofrecer ás vítimas unha atención e resposta áxiles.
4. Mellorar a protección daquelas que presenten alto risco.
5. Informar e sensibilizar na materia tanto aos profesionais como a poboación en xeral.

– Funcións:
1. Determinar criterios para a detección precoz de casos de violencia de xénero.
2. Acordar criterios comúns para a detección e a atención de casos de alto risco.
3. Realizar un seguimento de casos de alto risco.
4. Identificar situacións de posible descoordinación entre os distintos ámbitos e realizar propostas de mellora
5. Poñer en común e avaliar os datos sobre violencia de xénero de cada ámbito de actuación.
6. Impulsar estratexias de sensibilización/prevención.
7. Avaliar os resultados das campañas de sensibilización/prevención realizadas.
8. Manter un contacto fluído co departamento autonómico competente na área de Igualdade e colaborar na difusión das actuacións de prevención de violencia de xénero propostas por este departamento.

¿Cando se constituíu a MLC?
A reunión de constitución tivo lugar o 29 de setembro, tralo acordo plenario de 31 de mazo, e nela participaron a Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, dona Susana López Abella e a Xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo, dona Ana Belén Pacios Rodríguez, quen resaltaron a importancia da coordinación dos organismos oficiais como medio de loita contra a lacra da violencia de xénero. Nesta mesma reunión tamén se indicou que a de Mondoñedo é á primeira MLC constituída da provincia.

¿Como funciona?
A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero reunirase de xeito ordinario con periodicidade trimestral, e de xeito extraordinario ou con carácter de urxencia sempre que a situación o requira.

Exit mobile version