Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición da gala benéfica contra o cancro en Alfoz

IMG-20170404-WA0000Alfoz, 28 de novembro de 2017. O 3 de febrero do vindeiro ano 2018, en Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha Gala Benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento é promovido por un grupo de veciñas e veciños de Alfoz interesados en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, os cales xa organizaron a gala deste mesmo ano, contando para a nova edición con novas incorporacións.
Ana Carballo, unha das novas incorporacións á organización apunta que “ todos e cada un de nós, temos algo en común,unha loita, que afecta tanto aos nosos seres queridos, como a nós mesmos”, é por iso polo que “nos unimos por unha boa causa”.
Como novidade nesta edición, aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir poden mercar os tiquets da cea para un asento na mesa “cero”, na que se dará a posibilidade de poner nunha pantalla as fotos dos asistentes a dita mesa.
Os beneficios obtidos na recadación da cea (5 € de donativo por comensal) serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro, así como os obtidos da venta de rifas durante o evento, no que se sortearán os agasallos donados por diferentes locales comerciais, os cales poden poñerse en contacto con calquera membro da organización para a súa entrega.

Exit mobile version