Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo obradoiro para o Club Pequeamig@s no Museo Provincial do Mar

Eu son o que eu soñoCervo 19-11-17. Dentro do programa de obradoiros e actividades de outono que ofertamos no Museo Provincial do Mar de San Cibrao onte, sábado 18 de novembro, levamos a cabo a actividade Eu son o que eu soño.

Ante determinadas datas non podemos permanecer impasibles e a do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, é unha delas. No museo iniciamos unha semana de accións contra a violencia de xénero. Facémolo cxs máis novxs xa que, con elxs, educándoxs na igualdade e no respecto, lograremos acabar con este espanto.

Para que os soños se fagan realidade e afastar os pesadelos que nos impiden realizarnos con liberdade, creamos atrapasoños, amuletos de protección dos indios ojibwa.

O próximo taller para o Club Pequeamig@s no Museo Provincial do Mar será o próximo sábado, 2 de decembro, co título Quen dixo que non se podía? que tratará sobre as persoas con discapacidade. Para participar nestes obradoiros, como sempre totalmente gratuítos, só é necesario inscribirse no propio museo, chamar por teléfono ou a través do correo electrónico museodomar@museolugo.org.

Exit mobile version