
Ese día a partires das 18:00 horas con saída do Cantón dos Moreno as motos percorrerán varias rúas de Ribadeo. E antes haberá caramelos e globos para os máis pequenos. As persoas que queiran participar como moteir@s é imprescindible que leven traxe de Papa Noel para facer a ruta. Ao remate todos gozarán dunha chocolatada con biscoito. Durante a tarde dese 17 de decembro haberá unha ambulancia da Cruz Vermella no Cantón á que as persoas que o desexen poderán levar alimentos non perecedoiros e así participar na Operación Kilo desta entidade. Todo o recollido será distribuído entre as familias máis necesitadas de Ribadeo. Colaboran con esta III Papanoelada Moteira Acisa e o Concello de Ribadeo.