Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro súmase ás reivindicacións dos comerciantes e hostaleiros de Covas e a súa a veciñanza e propón un sistema de comodato para rebaixar a sinistralidade na travesía de Covas

Viveiro, 4 de novembro de 2107. Desde o Bng de Viveiro amosan o seu apoio ás reivindicacións e propostas feitas polos representantes dos hostaleiros, comerciantes e a veciñanza de Covas para diminuír o número de accidentes na travesía de Covas.

A formación nacionalista anuncia que nos vindeiros días presentarán á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, unha proposta de sistema de xestión de solares privados para utilizalos como aparcadoiros provisionais, co cal, xunto co pintado das liñas que delimiten as prazas de vehículos para aparcar en batería na estrada LU-862 mirando cara á travesía ( propostas feitas reiteradamente polos colectivos de hostalería e comerciantes de Covas á rexidora viveirense), ambas medidas axudarían á desconxestión do tráfico e á mellora da fluidez da circulación nesta zona, que actualmente sufre importantes retencións de tráfico, e contribuirían, probablemente, a rebaixar o grado de sinestralidade no centro de Covas.

Desde o BNG de Viveiro están convencid@s que estas medidas propostas, de teren vontade todas as partes, son relativamente fáciles de poñer en marcha polo concello, ademais de económicas para as arcas municipais, e o que é máis importante, que estas medidas poden axudar a salvar vidas, á marxe de que tamén favorecerían ao propio comercio local de Covas, á súa veciñanza e aos visitantes.

Exit mobile version