Site icon Crónica3.com A Mariña

O deporte na defensa da área sanitaria da Mariña

VOCEIROS SOMOS UNHA ÁREA VIVEIROViveiro 3-11-17. A primeira das actividades para apoiar as reclamacións que está a facer a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña vai ter, o domingo 5 de novembro, como protagonistas aos atletas que o Clube Deportivo EGOVARROS convoca para celebrar a XIX Carreira Popular Concello de Viveiro, Memorial
Julián Bernal.
Neste acto “os deportistas participantes han facer un pequeno percorrido, ao inicio da proba, portando a faixa que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña está a mostrar nas manifestacións concentracións e actos en moitos dos concellos da comarca”, confirman dende Somos Unha Área Viveiro.
O acto quere visualizar as consecuencias da reforma da Lei Galega de Saúde, “que suprime a Área Sanitaria da Mariña, leva á centralización, afasta os servizos sanitarios da poboación e rompe a equidade”, afirman.

Exit mobile version