Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación financia o premio de poesía Leiras Pulpeiro entregado hoxe en Mondoñedo

PREMIO LEIRAS PULPEIRO-DEPUTACIÓN MONDOÑEDOA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participou este sábado no Concello de Mondoñedo, xunto a outras autoridades, na entrega de premios do VI Certame de poesía Leiras Pulpeiro, que financia o Goberno da Deputación. A Deputada remarcou na súa intervención “que o Goberno da Deputación vai seguir colaborando sempre con propostas e iniciativas que contribúan a poñer en valor as nosas letras. Por iso estamos aquí novamente, para amosar o apoio desta institución neste premio de poesía que xa celebra a súa sexta edición”. Nesta convocatoria o primeiro premio foi para Lorena Souto coa obra Coleópteros; o segundo recaeu na obra Álbum da que é autor Emilio Salgado Freire; e o terceiro premio coa obra Queiroas, foi para Xosé Ramón Sánchez Varela.

Exit mobile version