Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo pon en marcha a partir da semana que vén o proxecto ARTE EN FAMILIA

Mondoñedo 24-11-17. Trátase dunha actividade que promove a cultura artística , o diálogo e a creación no eido familiar. A idea parte de dúas profesoras do centro, Mar , profesora de Lingua Castelá e Paula, profesora de Educación Plástica e Visual . A actividade consiste no envío semanal dunha carpeta con cinco obras diferentes para que o alumnado e as súas familias as miren xuntos e as comenten. Hai 35 carpetas con 175 obras diferentes , impresas en tamaño folio e coa súa respectiva explicación. Ademais en cada carpeta inclúen un glosario cos tecnicismos máis empregados , un folio para que as familias opinen sobre a carpeta que lles toque cada semana e unhas láminas de cartolina por se queren expresar artisticamente algunha sensación ou interpretación das obras. Ademais inclúen unha lista con lugares de interese cultural e natural da Mariña Lucense. Este ano as carpetas amosan obras escultóricas de distintas épocas, culturas , estilos e nacionalidades. As dúas profesoras encargadas do proxecto xa están traballando nunha nova remesa de carpetas para o curso que vén que levarán obras pictóricas. Agardan que en catro anos a activade estea implantada no centro con normalidade e que abarque distintas artes e chegue a todos os cursos da ESO.

Exit mobile version