Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo celebra este venres asemblea de afiliados e simpatizantes coa presenza do secretario xeral partido popular de Galicia, Miguel Tellado

Ribadeo, 9 de novembro de 2017. O PP de Ribadeo celebrará mañá, venres 10 de novembro, unha asemblea de afiliados e simpatizantes dos populares ribadenses á que asistirá o secretario xeral do partido en Galicia, Miguel Tellado. Será no hotel O Cabazo ás 21:00 horas.
O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, anunciou hoxe que “mañá venres, día 10 de novembro, o Partido Popular de Ribadeo imos facer unha asemblea de afiliados. Para ese evento contamos coa presenza de Miguel Tellado, que é o secretario xeral do Partido Popular de Galicia; e tamén estará o secretario de Organización do PP en Lugo, Daniel Vega; eu, como presidente local, e o resto dos membros do Partido Popular na corporación municipal”.
López Penabad “facer extensiva esta invitación a todos os afiliados e simpatizantes do Partido Popular en Ribadeo”.
Jesús López indica que o acto “terá lugar maña, venres, ás nove da noite no hotel O Cabazo. Despois desa xuntanza teremos unha pequena reunión distendida cuns pinchos e un viño. Contamos con todos e desde o Partido Popular facémolo público para que teña a maior difusión posible”.

Exit mobile version