Díaz anuncia que presentará unha pregunta no vindeiro Pleno para coñecer que accións vai levar adiante o Alcalde para corrixir esta situación. Replica que a situación destes puntos presenta “un estado de abandono, fundamentalmente polo actitude de pasotismo e deixadez do Alcalde, que é incapaz de atender ás necesidades máis básicas do Concello”.
O voceiro pídelle ao Rexedor que se adique a preocuparse polos problemas dos veciños de Abadín “a recollida dos puntos limpos ten que ser unha prioridade, para dar resposta así ás demandas do veciños”. Ademais advirte que tampouco se realiza ningunha labor de limpeza en todo o entorno destes puntos limpos, tal e como é preceptivo.