Site icon Crónica3.com A Mariña

O vello pavillón de deportes, situado na rúa Alfredo Deaño, acolleu esta mañá o acto reivindicativo contra as violencias machistas, que se enmarcou na campaña #RibadeoenNegro. Por mor da chuvia a cita non se celebrou no Cantón

Na xornada participaron centros educativos (Gregorio Sanz, Sagrado Corazón, IES Dionisio Gamallo Fierros e CIFP Porta da Auga), Acisa e o tecido social, os participantes no programa do Concello Aquí como de 20, Sandra Saavedra e cidadanía de Ribadeo. Houbo lectura de manifesto, o comité lila do IES Dionisio Gamallo Fierros reproduciu a pirámide da violencia e tamén houbo tempo para a música, para escoitar e interpretar o reggaeton Mayores, de Becky Ga, ao que o comité lila lle modificou a letra orixinal por outra de carácter feminista. Na campaña #RibadeoenNegro, que se prolonga ata o vindeiro domingo, 26 de novembro, están a participar máis dun cento de establecementos comerciais que tinguiron de loito os seus escaparates amosando así a súa repulsa contra a violencia machista.

Exit mobile version