Site icon Crónica3.com A Mariña

Os traballos de acondicionamento do camiño do Campón-Abelleiriña en Rúa contaron cun orzamento de 52.800 euros

1711717 Acondicionamento pista en RúaCervo, 17 de novembro de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse ata a parroquia de Rúa, onde, acompañados polo alcalde pedáneo da parroquia, Ramón Alemparte, supervisaron os traballos de acondicionamento que se acometeron nunha pista rural coñecida como Camiño do Campón-Abelleiriña.
A actuación contou cun orzamento de 52.877 euros, dos cales 42.000 foron aportados pola Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia, a través de AGADER; e os restantes proceden de fondos municipais.
Villares destacou que esta obra é froito dun importante traballo previo baseado nas conversas cos veciños afectados, que cederon e facilitaron a ampliación deste vial público, conseguindo unha pista forestal en condicións, co ancho suficiente para o transito de vehículos forestais, e que permite que se podan cruzar dous vehículos sen limitacións.
O rexedor sinalou que se trata dun vial moi transitado polo sector da madeira, e que dá saída a moitas pistas da zona.
Tal e como apuntou existían tramos de gran pendente, que asfaltamos, para garantir a súa perdurabilidade no tempo; evitando que o firme sufra danos polas inclemencias meteorolóxicas e para facilitar así tamén o tránsito dos vehículos pesados. Ademais tamén se abriron cunetas, para mellorar a drenaxe da estrada e habilitouse unha zona de acopio de madeira na pista.
Villares apuntou que esta obra debe ser o espello de outras moitas que iremos desenvolvendo en pistas do noso rural; e recordou que é fundamental que todos cedamos, para conseguir accesos de calidade, para vertebrar as nosas aldeas, e dar saída á madeira, da que se benefician tamén os propietarios das fincas colindantes a estes viais.

Exit mobile version