Burela 7-11-17. Alfredo Llano comezou unha cruzada en defensa do ferrocarril da Mariña, neste caso Compromiso por Galicia apoia e aplaude esta decisión e esta campaña, CxG xa presentou iniciativas neste senso, mesmo en Europa. O problema co PSOE de Burela é que se mostra como garante de cousas que non cumpre dende a súa propia acción de goberno no Concello.
Señor Llano a súa postura transformase nun desatino cando vostede no noso Concello ten viradas as costas a esta infraestrutura, que nunca lle importou:
Estación Esquecida e non integrada na vida do pobo, con un forte valor potencial que non sabe aproveitar.
Zona da Estación pesimamente urbanizada e transformada nun arrabado, cando é un dos centros da vila.
Ningunha acción cultural que defenda a vertebración de Burela o carón dos camiños de ferro de ADIF. E que fomente a integración do tren na Vila.
Tramos sen pechar correctamente.
Sexa vostede valente, e reclame unha infraestrutura potente para o noso pobo, que teñar valor e sirva para algo.
CxG anima ó Concello de Burela a que dote de apeadeiro a zona do hospital e dos Institutos, cerca da estación de servizo Vista Alegre. A recente obra feita da variante podía ser unha oportunidade, iso si é apostar polo transporte en ferrocarril o resto é dar viaxes para sacar fotos, que tanto lle gustan.
Por certo para a súa información os revisores e os billetes son perceptivos non so para informar e para dar seguridade, senón que para ter o SOVI de viaxe.