Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PsdeG, O Alcalde de Foz minte sobre a reforma do pavillón de Marzán

Foz 9/11/2017.- No día de hoxe é noticia no concello de Foz a inauguración, este sábado, da reforma do pavillón de Marzán, e unha vez mais nun novo alarde de cinismo o Alcalde de Foz, minte cando di que esa obra que se fixo con cargo ao remanente, “foi posible co apoio do BNG e coa oposición de FPF e do PSOE”

É falso dicir que o PSOE estivo en contra da obra do pavillón, que si consideramos que era moi necesaria.

Obvia o Alcalde, que a oposición do PSOE, nunca foi a usar o remanente nesa obra, senón que para aprobar ese investimento para o pavillón era requisito previo e imprescindible, que se aprobarán as facturas con reparos de intervención, moitas delas de obras que o Sr. Alcalde fracciona para non ter que sacar a concurso público. Daquela propúxoselle que separase as facturas con reparos si quería contar co voto favorable do PSOE e estudialas unha por unha, pero non quixo e, dende logo, o PSOE non vai dar o seu voto para favorecer os amiguismos do alcalde.

O que non nos parecía, nin nos parece normal, é que para unha obra con un custe tan elevado, 600.000€ era o orzamentado na proposta da alcaldía, non se pedise ningún tipo de colaboración ou axuda a outras administracións, á Xunta, á Deputación e na súa totalidade sexa sufragada exclusivamente con cargo as arcas do Concello e exemplos ten, a nova Piraguera con fondos da Deputación, a Avda da Mariña, con fondos da Xunta, Álvaro Cunqueiro, con fondos da Deputación e Concello, a próxima reforma do campo de fútbol Martinez Otero, con fondos da Deputación.

Gastar eses cartos nunha reforma, única e exclusivamente, con cargo aos orzamentos do Concello é unha barbaridade e así llo fixo saber no pleno o PSOE, algo que dista moito de dicir que o PSOE se opuxo á obra.

Exit mobile version