Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentacións da novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes

Lionel RexesAlfoz 21-11-17. Editada por Xerais o mes pasado, a novela será presentada de xeito institucional no Concello do Grove o 24 de novembro, onde foi galardoada co Premio de Novela “Lueiro Rey”.

Unha semana despois A raíña das velutinas chegará á Casa da Penela (o estabelecemento de turismo rural onde xurdiu a narración), en Vilamor, Mondoñedo.
A cita terá lugar o sábado 2 de decembro ás 19:00 h.; tras a presentación terá lugar unha cea na mesma Casa da Penela, para a que é preciso apuntarse no propio local (telf.: 645 97 18 77). Prezo da cea: 20 euros. Data límite para a inscrición na cea: luns 27 de novembro).
O acto de presentación estará amenizado polo cantautor Miro Casabella e polo músico e escritor mindoniense Fran Bouso.

Á semana seguinte, concretamente o sábado 9 de decembro ás 20:00 h., a novela será presentada na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro.

Na Casa da Penela, a mesa de presentación estará formada, amais de polo propio autor, por Xulio Rodríguez Leiras –activista cultural mindoniense-, Fernanda Cedrón Trigo –neta do mítico guerrilleiro mariñao “O Gardarríos”, e Bernardo Penabade –profesor de lingua galega que elaborou unha unidade didáctica sobre a novela-.

No acto do Valadouro, serán Bernardo Penabade e Armando Requeixo –crítico literario vinculado profesionalmente ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades- quen acompañen o autor na presentación.

Exit mobile version