Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematado o plan de sinalización dos recursos turísticos do Concello de Xove

MIRADOR MONTE CASTELO - FARO RONCADOIRA (2)Xove, a 17 NOVEMBRO de 2.017. Dende o Departamento de Turismo do Concello de Xove desenvolveuse o Plan de Sinalización dos Recursos Turísticos do Concello, mediante a incorporación das seguintes sinais ao territorio municipal:

-INSTALACIÓN DE PLANÍMETROS CULTURAL-NATURAL. Instalaronse nos seguintes lugares: Praias de Lago, o Portiño de Morá, Portocelo, Muiñelo e Esteiro.
-PANEIS IDENTIFICATIVOS DE ELEMENTOS CULTURAIS. Instaláronse en: Igrexas de San Isidoro de Monte, San Miguel de A Rigueira, San Bartolo de Xove, San Estevo de Sumoas, Santa Eulalia de Lago, San Clemente de Morás, San Pedro de Xuances, San Tirso de Portocelo, e tamén na Área Recreativa da Rigueira (Fin da Ruta dos Muiños), na Ruta dos Muiños (Aldea Máxica) e Faro de Roncadoiro.
-MIRADORES PANORÁMICOS. Instalouse unha sinal no Monte Medela e 2 no Monte Castelo.
-SINAIS DE ORIENTACIÓN. Instaláronse sinais nos seguintes lugares: FONTE MAIOR esquerda en Vilachá (Portocelo), FONTE DE LAMABOA esquerda en Xove. FERVENZA POZO DA FERIDA esquerda no casco de Xove. FERVENZA POZO DA FERIDA dereita no casco de Xove.

O obxectivo do Plan é o de facilitar aos visitantes que atopen máis facilmente os recursos turísticos do Concello, ademais de aportar informacións, en tres idiomas, das curiosidades acerca de Xove, e de cada un dos seus recursos turísticos; tanto sexan artísticos, naturais ou etnográficos. Preténdese que os visitantes podan dispor, sen a necesidade dun guía, acerca de información, datos, curiosidades e demais detalles, sobre os distintos puntos de interese turística do concello de Xove. Así mesmo, todos os carteis conteñen un código que, ao ser escaneado cos dispositivos móbiles, levan directamente á páxina do Concello de Xove, onde poden obter moita máis información adicional sobre o municipio.

O Plan custou 18.606,17 euros e foi financiado polo Concello de Xove e nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020; así como tamén con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.

Exit mobile version