O luns, o xuvenil Edmilson Monteiro adestrou coa irmandiña Sub-19 con miras á fase previa do Campionato de España os días 13 e 14 de xaneiro. Castela A Mancha (anfitrioa), Canarias e Ceuta serán as súas rivais na loita polo pase á fase final.
O martes houbo repartición entre Sub-21 e Sub-16. A ribadense Sofía Vázquez participou no arranque dos adestramentos de Sub-21, que disputará a fase previa na casa, encadradada no Grupo C. Os días 27 e 28 de xaneiro os rivais serán Navarra e Comunidade Valenciana. Con Sub-16 volveron adestrar Nicolau Vizoso, Nicholas López, Gustavo Henrique e Miguel Alves, pensando xa no 16 de decembro; os cadetes viaxarán a Murcia para medirse aos anfitrións, a Madrid e a Ceuta na busca dunha praza na fase final.