Site icon Crónica3.com A Mariña

Shopping Weekend no Centro Comercial Histórico de Viveiro

Viveiro 9-11-17. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 10 e o sábado 11 de Novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana realizando compras nos 50 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía etc.

Os locais participantes son:

– Óptica Rosario – Cesar Cocina y Baño
– Confecciones Justo Vázquez – Equivalenza
– Muebles Iglesias – Irimia Paquetería
– Platax – Grafity
– Regalos Sulian – Calzados Vogue
– Madrás – Esprit
– La Óptica Viveiro – Lencería Canela
– Van Surf Sneakers – Dandara
– Van Surf Shop – Naútica Beagle
– África Copias – Rockids
– Jonathans – Calvibike
– Óptica Casariego – Raquel Seijido
– Las Fidalgas – Carlos Fotógrafos
– Tacones – Keweë
– Kody Kids – Joyería Paleo
– Roupa – Estanco Casanova
– Calzados Albo – Kandela Iluminación
– Albo Zapaterías – Mobiltom
– Albo zapatillería – Nacar
– Piti Deportes – El Faro
– Kerale Moda – Petit Bebé
– Oscar Rodríguez Joyeros – Paquetería Mónica
– Fontana – Depidel
– Miss-tic – Carnicería Mariño
– Oxígeno Surf

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas Nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as ventas destes dous días.

Exit mobile version