Site icon Crónica3.com A Mariña

Un alumno finlandés está a realizar unha estancia formativa en Talleres Maseda, servicio Opel, en Ribadeo. A acción enmárcase dentro do plan de internacionalización de APAGA

201117 Foto finlandés en Ribadeo 1Ribadeo, 20 de novembro de 2017. Un alumno finlandés está a realizar unha estancia formativa dun mes de duración en Talleres Maseda, Servicio Opel, en Ribadeo. Esta acción enmárcase no Plan de Internacionalización da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga).
O seu presidente, Álvaro Doural, explica que “desde hai uns días temos con nós en Ribadeo a Jere Back, alumno finlandés de FP do centro Luksia, de Lohja. Está a realizar unha estadía formativa dun mes de duración en Talleres Maseda, unha empresa que rexenta a familia Maseda, o pai e os seus dous fillos”. Jere Back expresoulle o seu agradecemento a Talleres Maseda e a Apaga por facilitarlle esta experiencia formativa, que lle permitiu tamén visitar varias empresas da comarca como Hermanos Rega, en Alfoz, ou a Recense, na Pontenova.
Doural engade que “no 2018 está previsto que máis alumnos doutros países viaxen a Ribadeo e a outros concellos da Mariña lucense, dentro deste Plan de Internacionalización de Apaga”.
Impulso á empregabilidade
Por outra banda, cinco alumnos de grao medio de FP do centro CIFP Profesor Raúl Vázquez, de Madrid, están a realizar un mes de prácticas en tres empresas de Alemaña e nunha de Italia. “Deste xeito Apaga afianza a súa rede europea coa incorporación de novas empresas que permitirán a alumnos de FP realizar estancias formativas noutros países”, subliña Álvaro Doural, presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.

Exit mobile version