Viviu A Seca dez primeiros minutos alternando dominio con escasa intervención baixo paus, tras uns compases iniciais un pouco precipitados en ambas as filas. A práctica totalidade do perigo xerouse a balón parado e así chegou a vantaxe das laranxas, a 20 segundos para a bucina do descanso. Bea Mateos culminou o pase de Cilene, tras falta do Poio sobre Dany nunha recuperación.
Comezou a segunda parte con máis chegadas e dominio das locais fronte á estabilidade imperturbable das laranxas sobre a pista. Nos primeiros minutos a rede de Jozi gañou a partida fronte á ex burelista Ceci, nun man a man primeiro e coa axuda da barreira máis tarde. O gran pesadelo para a artilleira Dany foi Silvia Aguete, a máis destacada das pontevedresas, que desartellou as intencións da brasileira ata en tres ocasiones. Burela viuse condicionado pola acumulación de faltas, con 9 minutos aínda por diante. No minuto 34, as anfitrioas da Seca sentenciaron táboas cun rexeite de Jozi que cazou Iria Saeta, tras disparo ao poste de Ceci. Antes o Poio desperdiciara dous dobres penaltis, un frustrado pola gardameta brasileira e outro estrelado contra a barreira. A falta dun minuto e medio, o Poio adiantouse no marcador, con Patri Corral, nun descoido das filas mariñás. Respondeu o Pescados Rubén con xogo de cinco e atou 1 punto moi importante case no último suspiro. O empate chegou restando 12 segundos, con broche de Lara, tras saída de vertixe de Cilene na pista laranxa nun prodixioso despexe de Jozi e con apoio en Bea Mateos.
Ficha técnica
Poio Pescamar FSF: Silvia Aguete, Jenni, Ceci, Iria Saeta, Patri Curral, cinco inicial; tamén xogaron Caro, Ale de Paz
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Julia Forsiuk, Sara Correia, Judith, Tai
Goles: 0-1, minuto 20, Bea Mateos; 1-1, minuto 34, Iria Saeta; 2-1, minuto 39, Patri Corral; 2-2, minuto 40, Lara Balseiro
Árbitros: Martínez Torres // Ferrero Carballal. Por Burela amarela a Julia, Bea Mateos e Cilene.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Primeira RFEF disputado no pavillón da Seca de Poio.