A deixadez e inoperancia é tal que de novo contacta coa Plataforma Sanitaria, e tras poner outra reclamación máis,con número de rexistro 37158, presenta un escrito ante a Subxerencia Executiva do Hospital da Costa facendo responsable á dirección do centro do que lle poida pasar en cuestión de saúde ,pois estoy tomando tratamiento para el corazón sin saber si lo necesito o no, ya que no sé lo que tengo.Tomaré las medidas oportunas legales contra la dirección del Hospital y la Gerencia de Lugo- relata la paciente.
Un grupo de veciñas e vecinos piden formalmente copia da súa historia clínica
Na mañá do 27 de novembro un grupo de veciñas e vecinos indignados e preocupados porque os seus historiais clínicos fosen levados para Lugo e a cargo dunha empresa privada, acudiu ao hospital da Costa e formalizaron a solicitude de copia do seu historial completo.
A Plataforma Sanitaria faise eco das súas demandas e pon de manifesto que este é un paso máis por parte do gobernó da Xunta cara una paulatina privatización dos servizos sanitarios como vimos decindo dende hai tempo – manifestan desde a Plataforma.