Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita a Paco polo seu centenario

041117 CentenarioO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o tenente alcalde, Plácido Pérez, visitaron a Francisco Fraga Pedreira “Paco”, na súa casa de Rúa, onde compartiron un anaco agradable con el e a súa familia na celebración do seu 100 aniversario. Paco é a día de hoxe o único home centenario do Concello de Cervo. Villares e Pérez quixeron felicitalo, e leváronlle un ramo de frores; encomiaron o seu bo humor e a súa vitalidade

Exit mobile version