A modificación da Lei de Saúde formulada polo PP, denuncian, o que prentende “é centralizar no gran hospital as intervencións cirúrxicas e as probas diagnósticas”. Rexeitan “enerxicamente” pertencer a Área Sanitaria de Lugo, xa que iso significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos da cidadanía da Mariña cara Lugo.
“A Mariña precisa ser un área propia con capacidade de decisión tal e como o é a Comarca do Ferrol”, sentenzan.
Veciñas e veciños entenden que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais.
O acto de protesta rematou na Praza do Concello, “onde penduraron unha pancarta no balcón e fixeron un chamamento a participar de xeito masivo na concentración que terá lugar mañá mércores 30 de novembro, ás 20,30 h, na Praza da Fontenova en defensa da área sanitaria e contra os recortes na sanidade pública da comarca”.