Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas contra a violencia de xenero e presentación de Mujeres en Igualdad Ribadeo

20171106_174555Burela 6-11-17. O sábado 11 de novembro ás 12:00 horas no Hotel O Cabazo de Ribadeo, terán lugar unhas xornadas contra a violencia de xénero organizadas pola Asociación Mujeres En Igualdad Burela, e que levarán por titulo: “Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE ..NON!. Darán difusión á campaña da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Serán inaguradas polo Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Intervirán a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, a Xefa da Unidade de prevención da Violencia de Xénero da Subdelegacion do Goberno de Lugo, Ana Belén Pacio Rodríguez, a Secretaria Xeral de Mujeres En Igualdad, Carmen Funez de Gregori, e a Presidenta de Mujeres En Igualdad Burela, Mary Fraga Fernández.
Ao remate desta mesa, terá lugar a presentación da nova Asociación de Mujeres en Igualdad Ribadeo (RIMEI) que presidirá Rosa García de Presno.
A estas xornadas poden asistir aquelas persoas que así o desexen.

Exit mobile version