Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de portas abertas no PP de Viveiro “polo emprendemento e a economía local”

unnamedViveiro 6-11-17. O próximo Luns 13 de Novembro de 17:00h a 20:00h, faremos unha xornada de portas abertas na sede sita en Rego das Flores 9 Viveiro. Para asesorar, orientar e informar sobre as axudas, organismos, proxectos e ideas para empredendores ou empresarios consolidados do Landro.

Serán atendidos polo presidente de NNXX Antonio Lage-Seara e polo Presidente Local Antonio Bouza ou os nosos concelleiros entre os que está o Portavoz de Presupostos no Congreso dos Deputados Jaime de Olano Vela.

O primeiro deles ten o Certificado Profesional en Creación e Xestión de Microempresas, ademáis de cursos e seminarios no Cocem (Confederación de Comercio Especializado de Madrid) sobre coolhunting e marketing, e asistirá nos vindeiros días ó evento “Galicia Camiño Emprededor” ou ó Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) para recadar información e novas que trasladar ós asistentes a ditas Xornadas a vindeira semana.

Asimesmo recodamos que somos o único grupo político municipal en prol da creación de riqueza e emprego apoiando a traballadores e empresarios, e que as iniciativas por parte do Goberno actual son nulas ou 0.

Exit mobile version