Nesta VI edición do Concurso de Postais de Nadal participaron preto de 130 alumnos de toda a provincia, dos cursos de infantil e primaria. O mestre de cerimonias da entrega de premios foi Rubén Pombo e a animación musical correu ao cargo do grupo Axeigo.
Gañadores
Os gañadores das tres categorías foron:
– Premio Infantil: Xulieta González, CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela
– Premio Primaria I (1º a 3º): Pablo Lamas, CEIP de Paradai de Lugo
– Premio Primaria II (4º a 6º): Antón Avilés, CEIP de As Mercedes de Lugo
FAPACEL
A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo é unha asociación de ANPAS que defende e promulga un modelo de escola pública, participativa, integradora, laica, pluralista e que eduque na diversidade, na tolerancia, na solidariedade e sen discriminación por razóns éticas ou de sexo. Dende o ano 1980 esta federación, formada por máis de 100 ANPAS de toda a provincia, ven traballando, de forma voluntaria, coa finalidade de contribuír a mellorar a educación dos seus fillos.