Site icon Crónica3.com A Mariña

6ª xornada da LNB NorLeste

DSC09477RIBADEO 16 DECEMBRO 2017. A choiva (tan necesaria e longamente agardada) foi nembargantes un atranco para a celebración da 6ª xornada da LNB NorLeste, que tivo que desplazarse ao pavillón de san Miguel de Reinante ante a imposibilidade de utilizar o campo de Fútbol da Faxarda, en Ribadeo.

Moi boa participación de palanadores. Superouse folgadamente o medio cento que puxo color e sobretodo calor nun xélido recinto deportivo do que tan a miudo votamos man e que agradecemos, a quen corresponda, a xentileza de porlo a nosa disposición sempre que lo precisamos.

Como se presumía, a pista rápida, foi xornada de varados, ainda que a colleita non foi excesivamente abondosa. Once en total repartidos entre dez palanadores e destacando Regueiro (Troitas Bravas) que acadou un par deles, o que lle permite porse ao comando da táboa de honra emparellado co “Carabullo” Isma.

Disque o cámbeo de escenario perxudicou a boa racha dos “Carabullo” na súa teima por pillar aos Billardeiros Musicais (o equipo con mais títulos da Conferencia NorLeste e da LNB). Hoxe tiveron que velos dende lonxe e ainda mais lonxe viron aos Chainzo-Cadaval e Troitas Bravas, ámbolos dous con igual puntuación.

A falta da derradeira cadeira, estaban con pleno tanto Pepe Vidal como Carlos Alvariño; o primeiro fixo valer a maior veteranía e redondeou a tarde saindo gañador. Alvariño tivo que conformarse con loitar polo segundo e terceiro posto con outros catro aspirantes (Pepe de Outeiro, David Navallo, Regueiro e Geni como representante femenina e codeándose cos mais grandes). David Navallo foi o mais acertado e o seu compañeiro de equipo Regueiro fíxose co terceiro caixon.

En donas temos que subliñar que hoxe todas elas raiaron a gran altura. Geni (Billardeiros Musicais) foi a primeira, Paula (Chainzos-Cadaval) a segunda con varado incluido e Lucia (Remourelle Bulls) terceira.

Por equipos, xa dixemos que remataron empatados no primeiro posto con 88 puntos Chainzos-Cadaval e Troitas Bravas. Para decidir o gañador da xornada recurriuse (como está regulamentado) ó xogador con mellor puntuación individual de cada equipo, coincidindo neste caso co gañador do aberto Pepe Vidal, daquela gañadores Chainzos-Cadaval.

Boa tamén a participación de Xulio Vilas e a súa dona Merche, do equipo “APB Santa Bárbara” de A Laracha, da conferencia NorOeste que tiveron a ben facernos unha visita e xogar con nos. Graciñas e agardamos que voltedes axiña.

Un fantástico galo xestionado por José Manuel (Mondoñedo, no mundo billardeiro), foi o agasallo principal e uns lotes de productos de Nadal para todos os gañadores. Parabéns e a seguir disfrutando da Billarda!

As clasifiacións logo da sexta xornada quedan asi:

Individual:

Charli (Carabullo) 129 p

Manu Pozo (Billardeiros Musicais) 118 p.

Regueiro (Troitas Bravas) 117 p.

Daniel (Billardeiros Musicais) 115 p.

Sachas (Troitas Bravas) 112 p

Donas:

Geni (Billardeiros Musicais) 92 p.

Paula (Chainzos-Cadaval) 85 p.

Carme (Troitas Bravas) 51 p.

Equipos:

Billardeiros Musicais (Ribadeo) 471 p.

Carabullo (Ponte Outeiro) 461 p.

Chainzos-Cadaval (Terra Cha/Castro Rei) 453 p.

A competición retomarase día 13 de xaneiro do vindeiro 2018 en Castro de Riberas de Lea, mais a billarda estará presente o sábado día 30, en Meira na homenaxe que se lle rendirá ao noso recordado compañeiro “Pepe da Flor”.

Exit mobile version