75 mariñáns participaron na excursión ao belén de Valga organizada pola Asociación O Castelo, de Alfoz, e a axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo
redac
Setenta e cinco veciños da Mariña, concretamente dos concellos de Alfoz, Barreiros, Foz, Lourenzá e Ribadeo, participaron onte, domingo, na excursión ao Belén Artesanal en Movemento de Valga organizada pola asociación O Castelo, de Alfoz, e a axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo. Os participantes na viaxe visitaron Padrón e estiveron no seu mercado. Despois de comer desprazáronse ata a localidade pontevedra de Valga para ver o seu espectacular belén, declarado de interese turístico galego.