Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, presentarán este martes o cupón dedicado á Tarta de Mondoñedo

A Tarta de Mondoñedo protagoniza o cupón da ONCE que se sorteará o xoves 28 de decembro, representando a Galicia nunha serie de cupóns dedicados aos doces tradicionais de Nadal. Polo tanto, un total de cinco millóns e medio de cupóns da ONCE recordarán por toda España a existencia deste doce. Á presentación acudirán tamén os tres pasteleiros máis representativos da cidade na fabricación deste tradicional doce. A presentación terá lugar mañá, martes 19 de decembro de 2017, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo

Exit mobile version