Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Tá en Artes vén de presentar o seu proxecto

Viveiro 4-12-17. A asociación Tá en artes vén de presentar o seu proxecto de cara a catro anos, para potenciar e impulsar a arte na Mariña, e na que se inclúe a Semana das Artes Plásticas da Mariña que levamos a celebrar no CENIMA de Foz dende hai catro anos. No último ano, e cumprindo o exercicio de xénero , queremos que este ano sexa un ESCAPARATE da arte que están a facer os/as nosos/as Artista no seu proceso creativo. A Exposición do CENIMA este ano quere reunilos/as a todos/as, nunha macro exposición na que se dan cita idades e tendencias dos/as nosos/sas creadores/as para facer visíbel en toda a nosa comarca o compoñente humano como atractivo cultural. Queremos que os/as habitantes da Mariña, podan desfrutar da Arte e capacidade creativa así como de formar parte dunha comunidade que, máis aló do privilexio natural que atesouramos, ten a satisfacción de contar con unha capacidade artística a nivel internacional.
Deste xeito convocamos a participar dende Tá en artes, ós/ás que nos queiran acompañar ca súa obra a
partires do 28 de Marzo de 2018 no CENIMA de Foz no ESCAPARATE da Arte da Mariña, dentro da organización da Semana das Artes, e que a partires deste ano levará sempre a homenaxe cara un/unha artista mariñan. Este ano dentro dos actos programados rendemos homenaxea JUAN PUCHADES QUILIS, dentro do slogan Arte-Educació, que leva como proposta Escultura e Patrimonio, e no que se traballará en todolos centros escolares da Mariña.
A exposición do CENIMA dentro da Semana das artes terá lugar dende o 28 de Marzo ó 15 de Maio e será
editado un catálogo xa presupostado, e contará cas visitas guiadas para todolos centros escolares da Mariña e a participación dos 1500 escolares que cada ano visitan a exposición. Esta proposta faise posible grazas á participación da Deputación Provincial de Lugo, Mancomunidade de municipios da Mariña, e o Concello de Foz.

Exit mobile version