Site icon Crónica3.com A Mariña

A clínica dental Vitaldent Ribadeo recolle agasallos de nadal para a ONG Aldeas Infantiles SOS

181217 CAMPAÑAS NAVIDEÑAS VITALDENT RIBADEOA clínica dental Vitaldent Ribadeo ten en marcha unha campaña solidaria que consiste en recoller agasallos de Nadal para a organización non gubernamental internacional Aldeas Infantiles SOS. Ademais obsequia cunha cesta de productos gourmet aos novos pacientes que realicen un tratamento, cun coste superior a 3.000 euros, neste mes. A recollida para Aldeas Infantiles SOS en Vitaldent Ribadeo realízase ata este venres, día 22. Os interesados en colaborar con esta iniciativa poden aportar obsequios por valor de 15 a 20 euros para nenos, nenas e mozos con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

Exit mobile version