Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Culpa” obra gañadora no XVIII Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores

Mondoñedo 9-12-17. María Belén Senín Santiago veciña de Valga foi a gañadora do XVIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “A Culpa”

O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra “Transgredir a alma” da que é autora, Iris Carro González de Rianxo.

Héctor Acebo Bello, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “A carriola do merlo”. Héctor Acebo é de San Tirso de Abres.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 16 de decembro a partir das 12.15 horas da mañá segundo o seguinte programa:

12.15 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.30 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.

Exit mobile version