Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mancomunidade de municipios da Mariña publicou as bases das axudas a deportistas para que promocionen a comarca nas súas viaxes por fora de Galicia e de España

A Mariña, 19 de decembro de 2017. A Mancomunidade de Municipios da Mariña ven de publicar as bases para que os deportistas da comarca, clubs ou entidades soliciten axudas co fin de contar co patrocinio da Mancomunidade e así promocionar A Mariña nas viaxes que fagan fora de Galicia e fora de España. As bases desta convocatoria atópanse na páxina web da Mancomunidade de Municipios da Mariña e o prazo para presentar as solicitudes remata o día 10 de xaneiro.
O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, explicou que “acabamos de publicar na sede electrónica da Mancomunidade as bases para que aquelas persoas ou entidades que queiran, poidan solicitar axudas para o ámbito deportivo que serva como base ou soporte para facer publicidade da Mariña”.
Llano subliñou que “é unha maneira diferente e singular de facer unha promoción turística da nosa comunidade, da comarca da Mariña. Temos para este ano 5.000 euros”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña animou “a toda a xente que queira participar. Teñen as bases na sede electrónica, no perfil do contratante aparece como se fundamentan, como hai que facer e os modelos de documentos para solicitar as axudas”.
Alfredo Llano engadiu que “hai quince días de prazo, saíu publicado onte e polo tanto xa empeza a contar desde hoxe e ata o día 10 de xaneiro que remata o prazo para solicitar este tipo de axudas. É importante que o saiba a xente en xeral, poden ser entidades ou particulares. Teñen que cumprir unhas condicións que están nas bases que acabamos de publicar na sede electrónica da Mancomunidade de Municipios da Mariña”

Exit mobile version