Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mancomunidade reclama na comisión técnica do tren do norte lugués e coruñés que se recupere o tren de mercancías entre os concellos de Viveiro e Ribadeo

A Mariña, 13 de decembro de 2017. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, referiuse á xuntanza que esta mañá mantivo en Moeche a comisión técnica de traballo da que forman partes os Concellos de Ortegal, Ferrolterra e A Mariña. Alí os representantes desta comarca demandaron a posta en marcha dun tren de cercanías entre Viveiro e Ribadeo, ao igual que o que existiu nas décadas dos 80 e dos 90, segundo lembrou hoxe Llano. O presidente da Mancomunidade denunciou que desde o ano 1984 non se fixo ningún mantemento integral das líñas férreas na Mariña.
Alfredo Llano explioua que “hoxe temos unha xuntanza en Moeche os que formamos parte da comisión técnica de seguimento que se reúne tanto en Ferrol como agora en Moeche, para tratar de mellorar o servizo do tren na nosa comarca”. E lembrou que “o outro día decidimos na Mancomunidade facer unha reclamación a Renfe para que teñamos nesta comarca un tren de cercanías que sairía de Ribadeo ata Viveiro e de Viveiro ata Ribadeo. Este servizo xa o houbo nos anos 80, do 81 ao 84, e tamén nos anos 90 e funcionaba perfectamente. Vese claramente que é un servizo de moita utilidade si se fai en horarios que xa temos especificado que serían aqueles da mañá dos que puideran beneficiarse estudantes, traballadores e usuarios do hospital, e que pola tarde regresen aos seus destinos”.
O presidente da Mancomunidade manifestou que “agora mesmo estamos preocupados porque hai pouco mantemento, non se ve que exista un compromiso claro de arranxar este tren de Feve na comarca e nosoutros queremos reclamar este servizo porque consideramos que é de primeira orde, que todos os usuarios teñen ese dereito a poder desprazarse nun servizo público, como pode ser o do tren”.
Alfredo Llano manifestou esta mañá: “imos ver se hoxe se saca algunha conclusión. A ver se vai Adif, que ata o de agora non estivo nas dúas xuntanzas que tivemos. Veñen técnicos de Renfe e da Xunta, ademais de representantes de Ferrolterra, de Ortigueira e da Mariña que estaba eu e hoxe, por motivos de axenda, asiste un concelleiro de Viveiro”.
Llano insistiu en que “nunca viña Adif e debera vir porque dende o ano 84 non se fixo aquí ningún mantemento integral de vías, limpeza de cunetas, arranxo de pontes, revisión de túneles, etc… Non se fixo nada dende o ano 84 dunha maneira integral. E agora xa corresponde porque están moi deterioradas moitas estacións, moitos apeadeiros e ás vías do tren hai que facerlles unha revisión. Polo tanto iso tamén preocupa porque loxicamente está todo ligado, un bo servizo cunha boa infraestrutura. A ver qué sucede porque nosoutros imos seguir reclamando o tren de cercanías e a mellora en todos os aspectos, tanto en infraestruturas como en máquinas, apeadeiros e estacións”.

Exit mobile version