Nas ponencias, que estarán presentadas por representantes da OPP-7 e da Xunta de Galicia, trataranse “Oportunidades de valorización de descartes e especies de alto potencial comercial”, a cargo de Ricardo Pérez Martín, investigador do CSIC; “Calendario de aplicación de obriga de desembarque 2018”, a cargo de Rafael Centenera Ulecia, subdirector xeral de Caladero Nacional da Secretaría Xeral de Pesca; e “Casos de éxito de aproveitamento de descartes para produtos de valor añadido”, a cargo de Genma Laso Rodríguez, CEO da consultora Inxenia.
A xornada pecharase con unha mesa redonda entre tódolos ponentes e unha degustación de produtos pesqueiros con receitas variadas a base de especies descartadas ou de alto potencial comercial, como son o chicharro, a bertorella, a boga ou a caella, representativas das diferentes modalidades de pesca da OPP-7.
Esta xornada está incluída dentro do Plan de Producción e Comercialización da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e vai dirixida tanto aos socios da OPP-7 como de Absa, que tamén colabora neste evento, como a todo o público xeral que esté interesado na materia.