Site icon Crónica3.com A Mariña

A OPP organizou unha xornada sobre a valorización dos descartes na pesca

+OPP7_171214_010Burela 14-12-17. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organizou este xoves 14 de decembro unha xornada sobre “Descartes, obriga de desembarque e especies con altas posibilidades de aproveitamento comercial”, que congregou no salón de actos de Armadores de Burela a uns 30 socios tanto da OPP como de Absa.
Sergio López e Pablo Fernández Asensio, como secretario da OPP-7 e como xefe territorial da Consellería do Mar, respectivamente, presentaron a xornada, na que interviñeron Ricardo Pérez Martín, investigador do CSIC; Rafael Centenera Ulecia, subdirector xeral de Caladero Nacional da Secretaría Xeral de Pesca; e Genma Laso Rodríguez, CEO da consultora Inxenia.
Na súa ponencia “Oportunidades de valorización de descartes e especies de alto potencial comercial”, Ricardo Pérez Martín comentou as principais especies con potencial para valorización en aproveitamentos que actualmente non son suficientemente aproveitados: tanto especies principais da flota, como lirio, xurel, cabala; e outras menores como a faneca, rubios, boga, peón, brótola ou cabalón, tintorera ou raias, todas especies representantes das flotas da OPP de LUGO. Presentáronse exemplos de especies para elaboración de músculo picado, para a produción de coláxeno/xelatina a partir de peles e espiñas e de condroitin sulfato a partir de cartílago.
En “Casos de éxito de aproveitamiento de descartes para produtos de valor engadido”, Genma Laso Rodríguez falou das holoturias e o mince, novos recursos pesqueiros marinos de Galicia, como exemplo das posibilidades de explotación do pepino de mar que é habitualmente descartado pola flota galega.
Na súa intervención “Calendario de aplicación de obrigas de desembarque 2018”, o subdirector xeral de Caladero Nacional da Secretaría Xeral de Pesca, Rafael Centenera Ulecia, presentou a elaboración dos plans de descartes, así como o calendario de especies a partir do 1 de xaneiro de 2018, con especial incidencia nas especies de augas noroccidentais e suroccidentais onde opera a flota española.
Un espacio fundamental do debate foi sobre a anotación dos descartes, así como as diferentes exencións desta normativa. En xullo de 2018 terá lugar a última recomendación conxunta sobre tódalas especies que entran en Obriga de Desembarque en xaneiro de 2019 e que obrigarán a tódalas flotas, facendo especial ficapé na “choke species ou especies de estrangulamento”.
A problemática que desperta este tema entre os armadores animou o debate final, no que surxiron preguntas sobre temas variados, como distintos aspectos que inflúen nas modalidades de pesca ou incluso no reciente Consello da UE sobre o reparto de TACs e cuotas. Houbo unha alta participación en consultas sobre dúbidas na normativa de Obriga de Desembarque, un tema que preocupa ás flotas e que se considera que a UE non resolveu convintemente.
Ao finalizar as ponencias, tódolos asistentes desprazáronse ata o restaurante Casa Miranda, onde tivo lugar unha degustación de producos pesqueiros con receitas variadas a base de especies descartadas ou de alto potencial comercial, como son o chicharro, a bertorella, a boga ou a caella, representativas das diferentes modalidades de pesca da OPP-7.
Receitas degustación:
• Chicharro en salmoeira e asado con pistachos.
• Chicharro escabechado con verduriñas de tempada.
• Chicharro con crema fría de aguacate.
• Empanada de chicharro ao minuto.
• Bertorella en fingers con maionesa cítrica.
• Roliños de bertorella á parrilla.
• Boliñas de bertorella con cereais.
• Curry de bertorella.
• Arratxiki de boga.
• Boga afumada en frío con cebola morada.
• Brochetas de caella en adobo á parrilla.
• Bienmesabe de caella.
Esta xornada inclúese dentro do Plan de Produción e Comercialización da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e vai dirixida a tódolos socios tanto da OPP-7 como de Absa, que tamén colaborou na organización desta cita.

Exit mobile version