Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta fai entrega de dúas familias de vivendas de promoción pública no Concello de Foz

151217 Vivendas FozFoz, 15 de decembro de 2017.- Dous adxudicatarios de vivendas de protección pública (VPP) emprazadas no concello de Foz recibiron hoxe as chaves dos seus novos fogares nun acto presidido polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e no que tamén estivo presente o alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira.

Os pisos, propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, están situados na rúa Corporacións, 45. A primeira das vivendas de 89,93 metros cadrados e catro dormitorios adxudícase en réxime de aluguer; a segunda, de 90 metros cadrados e tamén catro dormitorios, cedeuse en venda.

O delegado explicou que as familias beneficiarias xa poden facer uso dos pisos de inmediato.

Rexistro único de demandantes de vivenda
Balseiro desexoulles moita sorte aos adxudicatarios e reiterou a disposición da Xunta de poñer todos os recursos que estean nas súas mans para favorecer o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda digna e adecuada.

De feito, a Xunta desenvolve unha serie de medidas de carácter social encamiñadas a que ninguén se vexa desatendido esta demanda e mantén aberto ao longo de todo o ano a posibilidade de inscribirse no rexistro oficial e único de demandantes de vivenda.

Os interesados deberá presentarse nas oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo da capital da provincia, nos seus servizos centrais ou, se queren evitar desprazarse tamén hai posibilidade de facelo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es

O rexistro de demandantes de vivenda pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.

Exit mobile version