Este sábado, 30 de decembro, invitados polo concello de Foz, os rapaces do Grupo Teatral Escouridal de Alfoz e Valadouro representaron a súa primeira obra, “Brancura”. Xuntouse un bo grupo de xente na Casa da Cultura de Foz para ver a obra, na que se mestura o teatro e a música e se fai unha fonda reflexión sobre o teatro, sobre todo na súa vertente afeccionada. Claudia, Leni, Rocío, Sabela, Lara, Xulia, Xoán, Xabier, Ángel, Pedro e Alberto, coa axuda técnica de Sergio, cantaron e interpretaron por segunda vez esta obra que estrearan no pasado mes de setembro na Semana do Teatro de Ferreira.