Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, achegáronse esta tarde ata a Praza dos Campos, en San Cibrao, onde estivo instalado no día de hoxe o punto de información da campaña de sensibilización da Xunta “O que se enchufa, recíclase”, e que contou cunha gran afluencia de público

021217 o que se enchufa recíclaseTal e como apuntaron, trátase dunha iniciativa que consideramos importante achegar aos nosos veciños co fin de que se conciencien de que antes de tirar calquera aparello eléctrico ou electrónico, teñen que pensar na posibilidade de reciclalo, levándoo, por exemplo, ata o punto limpo municipal, que temos no Polígono de Cuíña. Na campaña recordan que cando reciclamos un aparello deste tipo, iniciamos un ciclo que termina na fabricación doutro aparello eléctrico ou electrónico; favorecendo en último caso o aforro dos recursos naturais. Ademais, moitos destes aparellos conteñen substancias perigosas, que hai que tratar adecuadamente e impedir que se mesturen con outros residous ou entren en contacto co medio.

Exit mobile version