Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz premia aos mais pequenos no XV concurso de postais de nadal

Xurado Postal Nadal con OfeliaAlfoz, 16 de decembro de 2017. Este venres tivo lugar o fallo do XV Concurso de Postais de Nadal dirixido a alumnos do CEIP Castro de Ouro de Alfoz e que organiza a Biblioteca Municipal, dirixida por Ofelia Adrio. O xurado, formado por Tamara Casabella, Xosé Blanco e Lucía González, acordou conceder os seguintes premios:
Categoría A ( 1º e 2ºcurso de primaria )
1º- Noelia Bello Prado.
2º- Celia Fernández Fernández.
Categoría B ( 3º e 4º curso de primaria )
1º- Inés Martínez García .
2º- Noa Martínez Ramos.
Categoría C ( 5º e 6º curso de primaria )
1º- Gabriela Pedre Lastra.
2º- Mara Otero Palacios.
Os premios entregaranse o vindeiro sábado 23 no Centro Socio Cultural de Alfoz despois da obra teatral “Antía Wamba e o Regato Pequeno”, da compañía Tropa de Trapo, dirixida igualmente ao público máis novo. Ademais, o xurado decidíu que a postal utilizada para a confección do calendario que reparirá o Concello de Alfoz sexa a realizada por Inés Martínez García.

Exit mobile version