Campos Conde destacou que “foron preto de 10.000 alumnos de Educación Secundaria, de 45 centros de toda a provincia os que participaron nos actos incluídos dentro desta programación, o que supuxo un aumento de 1.000 nenos con respecto a anterior edición. Con esta campaña tratamos de achegar ao profesorado e alumnado instrumentos didácticos lúdicos, diferentes e amenos que permitan valorar a importancia dos elementos da natureza nas nosas vidas e a relación co medio ambiente”.
Con esta finalidade o Goberno da Deputación editou o libro-manual Humanidade e patrimonio natural lucense, escrito por Alberto Ramos e ilustrado por Alba Millán. É un caderno de viaxe no que un grupo de científicos percorren a provincia para elaborar un mapa que reflicta a realidade do medio ambiente, facendo especial fincapé nas augas, na biodiversidade, no valor patrimonial e na importancia cultural que supoñen.
Actividades durante a Semana Escolar
A semana lectiva comezou o 27 de novembro coa pegada de carteis do programa nos centros escolares por parte dos alumnos. Nas xornadas posteriores, os participantes leron e realizaron as actividades propostas no libro-manual, escolleron unha ou varias rutas e construiron muráis con imaxes e debuxos de paisaxes lucenses habitadas. Por último, os rapaces preparon un pleno provincial co patrimonio natural e a incidencia do ser humano como tema central.
Para concluír as xornadas divulgativas, este venres tivo lugar a festa escolar da provincia, na que se inauguraron as exposicións de muráis colectivos, leron os mellores traballos individuais realizados, degustaron sobremesas típicas de produtos autóctonos da provincia, e fixeron unha representación aberta para o centro dun pleno da corporación provincial relizado por alumnas e alumnos seleccionados.
Todos os alumnos e alumnas dispuxeron do seu exemplar, prolongando, deste xeito, as posibilidades de reutilización e lectura no fogar. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do profesorado contendo pautas para utilizar o libro manual.