Site icon Crónica3.com A Mariña

Antía Gutiérrez Gavín gañou o concurso de debuxo para o cartel da cabalgata dos Reis Magos

281217 Cartel cabalgata Reis Magos 2018A nena Antía Gutiérrez Gavín, de 11 anos de idade, é a gañadora do concurso de debuxo convocado polo Concello de Lourenzá para utilizar como imaxe do cartel da cabalgata dos Reis Magos. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “Antía Gutiérrez Gavín, de 11 anos, é a autora do debuxo que resultou gañador do concurso convocado polo Concello de Lourenzá para que serva como cartel anunciador da Cabalgata de Reis que se vai celebrar o próximo 5 de xaneiro. O premio, que consiste nun lote de material didáctico, será entregado o día da cabalgata”.

Exit mobile version