renovables, esgotando os combustibles fósiles (carbón, petróleo,gas natural)”. Desde Gaia engaden que “entre os temas que se trataron destacan: os tipos e fontes de enerxía, ventaxas e inconvenientes do uso de enerxías renovables e non renovables, distribución das reservas mundiais, tarifas de discriminación horaria, uso de lámparas de baixo consumo, etc…”. Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, sinalou que “vivimos nunha sociedade e a un ritmo que obriga a adquirir máis conciencia sobre o noso consumo enerxético e con esta charla pretendemos concienciar aos rapaces da importancia do consumo e do aforro enerxético nos seus fogares”.